sábado, 28 de septiembre de 2013

Los Glosters- Gritos


Novidades dende Tarraco xa que volveron Los Glosters, eles son unha das pedras onde sosteño que certos sonidos ou certos grupos non poden empregar o prefixo "neo" cando falamos do pop.

 Gritos, ademais de darlle nome ao disco, é unha das 5 cancións  xunto con Vestida de NegroClub Ye-Ye, Chicas ou Te Quiero que lle dan forma ao disco.

Para a súa elaboración participaron artistas de grupos como The Pepper Pots ou guitarras como Chus Cano ou Juan Zarppa. Nel atopamos algo que ata agora non escoitáramos por parte dos de Tarraco, novos sons, novos amaños de guitarra, pero sen dubidalo seguen a ser eles, pero mellorando a parte instrumental.

Para nada estás diante dun traballo lineal nin aburrido, a conxunción de ritmos e sons fannos desfrutar dun disco fresco, divertido, que xa rematado o verán, pretende que volvamos a enerxía desa estación

Volven co selo Clifford Records, con unha nova web que podes visitar clicando aquí ou escoitar Gritos en Spotify

1 comentario:

  1. Los Glosters son uno de esos grupos que no te dejan indiferente. Los he descubierto ahora gracias a una recomendación en spotify y me ha gustado bastante el grupo. Me gusta encontrar nuevos grupos y canciones cada día.

    ResponderEliminar

Moitas Gracias ou non por comentar

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.