viernes, 25 de noviembre de 2011

concerto día 18 de Decembro Coruña

Os enormes Combo Dínamo na sala Baba Bar en Coruña, por 5 eurerss

Concertos día 6 de Decembro Pontevedra

Se non vas ata Coruña a ver os Toaster, telos en Pontevedra na sala Karma por 15 euriños

Stanley Road- Clash City Cooters



Eles defínense así:

"Power-Mod-Punk-Pop trio nacido en Asturias en 2003,afin a la escena Mod habitual de concentraciones y saraos de toda índole.Comprometidos con todo lo que defienden compusieron canciones de critica inteligente como "This is Spain","Nothing´s Gonna Come",himnos mods como "Sex Mod & Punk" o "Street Fighting Mods",canciones patrias "Mieres-Bridge",de amor y desamor "An Evil Shot Of Love" y mil mas...en junio nuevo E.P en el mercado con 4 nuevas canciones!!!!"


Iremos por partes, nados en 2003, en Mieres(Asturias) se non me equivoco cuna de outras bandas como por exemplo os La Ruta. Forma este trio Sabino a guitarra e voz, o baixo Chus e a batería Pablo Álvarez.


Esta banda practica uns sons que a (case) todos nos gustan, Atoparemos neste traballo seu que son moi similares a outras banda patrias, unha enerxía que é moi propia dos nosos grupos.
Sí os tíos chegan e plantan un EP (este ano) con catro temas que son puro nervio e fai unha semana se non me equivoco viaxan a Madrid e teloneando os veteráns Squire, "ahí en ná".
Pero non é de crer que esta banda apareza da nada, de feito os seus membros están en todo "sarao" que se precie. 


En 2006 graban os seus primeiros temas pero por motivos xeográficos a banda ten que tomar un descanso para volver pola porta grande.E tan grande. Porque chegan e plántanche o "This is Spain"  un temazo de puro Punk in Parkas. 

 E claro escoita


E dime que non gusta, o son recórdame moito a do scataláns Lost Men Service(que máis non se supo deles), se pechos os ollos paréceme estar escoitándoos. Gardan relación polo seu son, un son moi daquí. Parécemo a min, claro está... Debe ser cousa das gravacións ou imaxinacións miñas. 

Desta vez a banda non lle vai nada mal 4 anos en inactivo para volver a subirse os escenarios, xa teñen media europa conquistada polo eléctrico dos seus temas,


 Cunha temática Mod, un son feito por Mods, unas letras nas que nos falan desa velocidade hora de vivir preséntovos o EP, que eu non subín e atopei.

Stanley Road- Clash City Cooters
1.-Street Figting Mods 2.-Forever Young 3.-This is Spain 4.-Nothing´s gonna come


Un saúdo.

-----------------------------------------------------
------------------------
------------------------
------------------------------------------------------

martes, 22 de noviembre de 2011

Los Selenitas -Nuevo Artefacto Sonoro (1998-99)

portada e contra de Gonzalo Cutrina

Os Selenitas nacen no ano 1996, como antecedente desta banda temos os Sunglasses, un grupo do que xa falaremods noutro momento. Nado este proxecto da man de Marcel Cavallé á guitarra, á batería César Villalba , Carlos Cross ó baixo ,e Carles Cagigal ó órgano.

 E como non a vida desta banda nace na búsqueda e paixón por uns sons orientados a ese pop 60´s a uns sons psicodélicos entrelazados cuns arreglos nos que non abandonan de todo os feitos pola súa anterior formación. Claro que a evolución nas letras e que Carlos Cross toma o mando da voz, fai que a banda evolucione ata o traballo que vos traio. Sen que quepa comparación do feito ata o ano no que publican este LP.



Danse a coñecer a una maqueta e un single co que lles entraría polo oído os que disfrutasen dela, esa maqueta abriríalles a porta para aparecer nun recopilatorio co tema  "Nunca Suele".

Todos os seus temas serían recollidos ata este momento nun recopilatorio chamado "Ansia de Color".
 Poñémonos xa no ano 97 e a banda gravan o seu primer E.P. co selo Subterfuge Records, un traballo onde se inclúen 4 temas, grazas a este virían as xiras e concertos por festivais como o Purple Weekend e nas diferentes salas como Apolo, Sol...

Chegamos o ano 98e a este LP, o grupo decide autoproducirse, e para elo diríxense os estudos hojalata. E traen a este mundo o disco Nuevo Artefacto Sonoro, con 12 cortes moi moi recomendábeis(non sei se se escribe así, pero non traballo na RAG). Póñense mans a obra pese a inminente marcha dun dos seus integrantes, Eloi Caballé, batería a este momento. Aínda así vería a luz no ano 99 coa formación que o iniciou. Posteriormente entraría na banda  César Villalba ós pratos.



Sen máis o que hai no disco, o que podemos atopar. Ufff que complicado, cantísimos sons hai neste traballo, tes un pop, onde órgano leva as de gañar,e moito. De feito confírelle un son moi único, un son que despois sería explotado por moitos grupos máis actuais, ou quizás só sexa o que eu penso, proba de esto xa só Los Años que Nunca Volerán, un tema tan pop ou máis como Remordimiento nº 4, este tema é un dos meus preferidos, de feito téñoo trillado... Arreglos algo psicodélicos en temas como en Otoño.

Eu coñecín ós Selenitas nun recopilatorio de Subterfuge se non me equivoco, recordo que foi o tema El Artista Multimedia, un tema que non me gustou nada dende un principio, volvín a darlle as súas oídas co paso do tempo e sí, xa chegar a apreciar moito máis o real son deste pedazo de grupo, pero sigo tendo as miñas reticencias cara el. Foron temas como xa os citados e Silly Girl os que máis me atrairon a banda. É un disco de contrastes, sobre todo esa canción que ven despois de Silly Girl ven a lenta Algo entre los Dos, un tema no que podes disfrutar dunha guitarra moi cálida, un tema para quedar quedo, un tema tranquilo na marea de sons para chegar o tema odiado.

 Ba, non vós dou máis a lata co tema.

Tomade e disfrutade.

Primeiro escóitao en Spotify

Los Selenitas -Nuevo Artefacto Sonoro (1998-99)

1. Los Años que Nunca Volverán,2. Cerca de ti,3.Remordimiento nº 4, 4. Camaleón,5. Silly Girl, 6. Algo entre los dos, 7 El artista multimedia, 8.Un hombre nuevo, 9. Otoño,10. I fram on you, 11. En mi habitación.12. El Sueño del Pulpo Alienígena.
-------------------------------------------------
-------------------------
-------------------------
----------------------------------------------------

Concertos Decembro na Coruña

O día 3 de decembro virán por estas terras


The Sonics + Los Válvulas
 No Playa Club
20 anticipada, 25 en taquilla








E o día 5 de Decembro os Toasters na sala Le Club.





Boa día!

lunes, 21 de noviembre de 2011

Cooper- Mi Universo

O novo de Cooper, o seu Universo xa está a venda. Despois do seu Tour Virtual apresentando o disco agora xa tes a posibilidade de adquirir o novo traballo de Alex e compañía.

Un disco no que atopamos o de sempre, a figura, a voz e todo o que nos gusta de Cooper.




As súas guitarras características, as letras, esas letras influenciadas polo seu ánimo, a súa forma de velo seu propio universo, algo que se nos fai moi común a todos os poplovers. De novo a explosión de pop no teu tocadiscos.



Se me tivese que quedar cun tema, son con esos que tanto me recordan a Teenage Fan Club, esos temas con guitarras distorsionadas, cando pasan a un son limpo que recordan a aquel Buzo, tema polo que sinto predilección.

Neste disco refírome a temas como Primer Día,Carrousel ou Cortometraje, cun comezo rotundo. Despois o tema de Alicia que simplemente é un tema máis de Cooper con nome de muller.Esos temas máis lentos e que prestan nun día de café e cigarros vendo chover , e sen facer máis que disfrutar desas cancións.


Xa o podes escoitar en Spotify

Cooper- Mi Universo

------------------------------------------------------------------------------------------------------------

jueves, 3 de noviembre de 2011

Novas non tan novas.




Primer LP da banda galega Phantom Keys, pois se non me equivoco e escoitando as suas anteriores gravacións seica as Erres sonarán nas súas etiquetas.

Corre a túa tenda en canto saia, porque promete..

Non tan novas como debesen.

Neste tempo sen ordenador, as novas se as retrasmitía era por Twitter, entón claro, a info importante só lle chegaban a 4 desgraciados que me seguen.

Entre elas.  O  novo disco dos Glosters





"Discos olvidados" publicarase a última semana de novembro e estará disponñiible en vinilo de 10" ofrece un total de seis cancions que en palabras do gran Àlex Magic Pop -encargado de firmar as notas interiores do disco- veñen a sumarse o seu multicolor abanico de perfiles sonoros ataviados de R&B, garage y popsike. 

Reserva a tu copia en: shop@cliffordrecords.com e recibirás tu disco tan pronto como chegue a nosas mans. 

¡Listo para sonar!

+ info & reservas : shop@cliffordrecords.com 




proximamente: Discos Olvidados

Los Glosters | Myspace Music Videos


Los Glosters sempre foi a banda que máis cariño lle teño, acompañoume bastante, e o seu Sha la la la (Fin de semana é clasiquérrimo a xirar)

Cool Breeze 19N, Coruña


Se te aburres de reflexionar o 19N, na túa casa, se non tes nada mellor que facer.

Fágovos un copia e pega



A  O.C. ten o pracer de presentarvos un novo club coa mejllor e máis variada música negra dende finais dos 50 hata primeiros dos 70  R&B, Popcorn, Doo-wop, Ska, Rocksteady, Reggae, Soul...

Para o comezo contarase coa presenza de

ALBER ACEDOS (MADRID)
Do seu maletín sairán estos sons.

Trini Lopez - Sinner not a saint (UNITED MODERN)
http://www.youtube.com/watch?v=TN96hkMDDXE

Chuck Reed - Females (MINARET)
http://www.youtube.com/watch?v=J_G30YgbX68


Lee Maye - At the party (TOWER)
http://www.youtube.com/watch?v=UBnQQVDihTE

Sam Butera - She´s a kookamunger (DOT)

Jimmy Paris - Esmeralda (KC)

****

MAXI FOREVER (ASTURIAS)


JACOB MALLOSTONES ( CORUÑA)

TOP 5:

The Hamlins-Sentimental reason (BLUE COXSONE UK)
http://www.youtube.com/watch?v=CSTXCr7NfWo

Kingstonians-Crime don't pay (J J's pre JA)
http://www.youtube.com/watch?v=SzAAoaNQJaQ

Conquerors-I fell in love (Treasure Isle)
http://www.youtube.com/watch?v=KJldKeqGaMc

Slickers-Run fattie (Beverley's pre JA)
http://www.youtube.com/watch?v=b6tRaKODOV4

Bleechers-Come into my parlour (Upsetter UK)
http://www.youtube.com/watch?v=1UfqUyylBGg

****

+residente Original Crew


*********************************************

19 Noviembre 2011 en 

VELVET, de 00.00 a cierre 


+ WARM UP en BRISTOL BAR

 de 21.00 a 23.30

sábado, 1 de octubre de 2011

Disculpad.

Me quedé embobado y me paré.

Como si me quedase mirando por la ventana los días pasar, dejé de asistir a fiestas,de comprar discos, de moverme, dejé de actualizar el blog, me paré, se me paró el corazón, la maquinaria que bombea el ímpetu, las ganas...,los dedos atrofiados de no usarlos en las cubetas, tuvo que ser una canción.

Sonó California Soul y la máquina reaccionó. Tuvo que romperse la aguja para que yo reaccionase y tomase ritmo, otra vez ritmo al cuerpo.



He vuelto para que el ritmo suene.

Concertos.

Hoxe! e mañá os Al Supersonic & The Teenagers estarán tocando no Grove e en Bueu respectivamente. Eu por motivos de saúde bótome para atrás na asistencia de tal evento.

-----------------------------------------

Logo, o que si, sen favor e sen nada. Recordar o que pasa o día 5, quen ven a visitar a capital do imperio pequeno.



as entradas poderanse asquirir en Upbeat discos, Escridiscos, Monkey britstyle, Wildthing por 20 euros. Non perdades a oportunidade de ver a esta banda. A esta grandisima banda.

martes, 30 de agosto de 2011

VEÑA CONCERTOS

No Xiriapop na Coruña, na Sala Dublín, día 16 teredes a certas bandas que merecen moito a pena. Dende logo eu o primeiro recalcaría:
Los Imposibles.,Feedbacks unha banda cun son  moi interesante.The Welingtons, Soul Gestapo, Flaming Guays...

Pasamos os Concertos da Sala Capitol, porque teñen tela.

Co Outono Capitol Rock Festival, galegos e galegas estamos de sorte. Por 30 euros poderemos disfrutar de estos tres concertos.

Mércores 28 de Septembro.

JC BROOKS & THE UPTOWN SOUND(CHICAGO) + THE ALLNIGHT WORKERS(GALICIA)


Jc Brooks & The Uptown Sound

The Allnight Workers




Sábado 15 de Outubro


MAXINE BROWN(USA) + THE PEPPER POTS (BARCELONA)

Sábado 29 de Outubro

SI CRANSTROUN (LONDRES) + DR.GRINGO (GALICIA)

lunes, 29 de agosto de 2011

Yo ya cerré el Rockclub.


Sé muy poco de números, de cierres. Sé poco.

 Yo cerré hace una semana el Rockclub, quién sabe si por última vez, toda persona que allí ha estado se ha asombrado, no por su decoración (obsesión por los Cramps), pero sí por la música, su localización, alejado completamente de todo.





Al estar alejado la peregrinación a este sitio se hacía evidente, salías de Viños y sabías perfectamente quién te acompañaba hacia allá. Sobretodo porque eran las 5:30-6, eso parecía un decorado de The Walking Dead

  Una vez allí te daba igual, aún me acuerdo de los buenos años, siendo más joven, de las primeras veces que salía que pagaba la mitad de lo que pago ahora por entrar.

 Bajabas esas escaleras, sin saber bien que te ibas a encontrar, las bajabas emocionado y empezaban a sonar acordes, órganos hammond te hacían vibrar, un ambiente único, negro y empañado por el tabaco,un sitio muy único.


¿Y que te encotrabas allí?



A cada uno hijo de su padre y su madre, eramos la chusma de rockclub, siempre los mismos, y siempre pasándonoslo bien.

Se me olvidan las broncas, las desilusiones, los malos rollos, me quedaría siempre con saber a que hora entraba pero no a que hora salía, entrabas con noche pero al salir, subir esas escaleras, entrever la luz solar por debajo de la puerta sabías que una luz intensa en la cara te iba a decir, "amigo, toca andar hasta casa".
 Además me quedaría con el ligar en el rockclub, relativamente fácil dado que era un local oscuro, carnavales, fin de años, reyes...y sobretodo la música, eléctricos los conciertos, primero se fueron los conciertos después el local. Y allí aunque la música siempre fuese la misma te daba igual porque te lo pasabas bien. Por últimor recordar las innecesarias últimas copas, a esas horas era mejor un agüita fresca. Y yo nunca aprendía.

Adiós rockclub.


lunes, 13 de junio de 2011

The Winning Numbers

The Frinchers

Das cinzas de Los Potros (banda que desde este humilde blog recomendo encarecidamente) e Sunbeat nace The Frinchers.

Sen máis unha banda de Power Pop formada por Parker, guitarra e voces,Mani Branigan, guitarre e voces(tamén)o baixo Toni Manero e a batería Tranquilito.



Xa se avisaba, xa xa, e volveron con máis forzas, cunha tirada de 500 copias do seu renacido traballo que só se podía adquirir nos seus concerto, agora teñen a ben de ampliala , podendo adquirir esta no seguinte contacto thefrinchers@gmail.com

Neste novo traballo inclúense temas como Ice ou Bananlamb, temas pop sen máis, sen máis concesións as etiquetas. Nin florituras.Credes que esta banda necesita ter os seus propias influencias cando eles mesmos xa son fonte de influencia, ou deberían ser...

Atopamos temas como Stayed, que o teñen, teñen ese ritmo, e forza ou 1965 again, este tema instrumental con forza suficiente de por si mesmo para erixirse como bos temas de PowerPop. E un estrano You Can´t Be Trousted, un tema onde se mezcla o garaxe co r&b.


O seu Myspace
http://www.myspace.com/thefrinchers

Sen máis o seu primer traballo cos 5 temas xa citados,  tiveron a ben subir no seu myspace. Disfrutádeo.


------------------------------------------
--------------------------
--------------------------
------------------------------------------

martes, 7 de junio de 2011

Se busca ayuda de muchos tipos.

David os habla.


Este blog no cuesta, se lleva con tiempo y cariño, pero con más cariño lo llevaba con ayuda.

Más contenidos, si el círculo se queda pequeño aquí tiene cabida todo material del que quiera colaborar.

¿Colaborar en qué?

-Se aceptan colaboradores, gente que quiera hacer entrevistas (o participar en ellas) a estos nuestros queridos grupos de una forma gratuíta, gente que quiera ayudarme a editar día a día el blog, con reseñas de grupos patrios y no tan patrios, material para actualizar. 

Sobretodo con la cabecera que me ha quedado una chapuza de Paint total.

¿Le estoy echando cara?  sí, pero es mi blog y hago lo que quiera.

Si tienes una idea, si quieres ayudarme, con solo escribirme al correo llega, envia lo que quieras a hammond_lover@hotmail.es. y consensuamos opiniones.

Es por una buena obra.

The Pepper Pots en concerto polas Galicias.





O día 9 en Santiago na sala Capitol as 10.
O día 10 en Vigo na sala Mondo as 10.

lunes, 6 de junio de 2011

De compras: Brand New Sinclairs - Healing Souls


Eu deixeime atrapar polo primer traballo desta banda, sería fai un ano co Ten Blue Pills, e cos temas como Eleven ,Bongo Time ou You Run.

Naceu nesa compra unha paixón polo son da banda vasca.

Recentemente estiven en Madrid, e eu que son unha cabeza tola esquezo sempre as cousas que quero comprar chego a tenda de discos e esquezo todas as grandes compras que quixera facer, e coma sempre tocou esquecerse, e como non... deambulaba entre os cubículos de Escridiscos a busca de algo, algo que quixese, quizás fose o Party a GoGo dos Imposibles, ou os Cool Frog...

(dato que me gustou, en frente de Escridiscos hai unha taberna galega que se chama A Miña Gaita)

Foi grata a miña sorpresa ó  atopar o disco, non dudei nada, merqueino a cegas, collino como se fose un tesouro que alguén me quixese arrebatar, sen saber que son ía atopar nel e confiando no seu anterior traballo.

Como non, este disco está cheo de sons que teñen e deben ser referente dun panorama musical encamiñado a ese noso círculo . Os sons que atopamos neste traballo van dende o R&B o Garaxe.

O que máis fascina é como sona a súa guitarra en todo e cada un dos temas, unha guitarra conducida por Andi Sinclair.

Unha guitarra alucinante que trasmite a mesma forza neste Healing Souls como no anterior pero con unha maduración e unha idea e son máis traballado.


heal my soul

Brand New Sinclairs | Myspace Music Videos


Non sobra falar da personalidade da voz da súa solista, Ana Sinclair, sobretodo en temas como Heal My Soul, Hangover in Brick Lane. Esta voz confírelle o grupo un encanto único.

A contundencia do baixo, Julio Sinclair, e unha batería,Rafa Sinclair, que en temas como o derradeiro citado, xuntos e por separado, trasmiten toda a potencia do revival e enchen o teu cuarto de ritmo e unha festa onde eses sons que tanto nos gustan invádente por completo, un disco que pode cambiar a túa forma de vela música.
No conxunto, este disco nútrese do son máis sixties , do que che fai mover os pes, e de novo a importancia da guitarra na banda, para min un dos capitáns indiscutibles, que capitanea todo o ritmo.  En temas como Hold It Tight ou A Way Of Life desfrutarás sen dúbida.

Comezarás con un Here We Come, unha peza instrumental que che abre o apetito, ata rematar irónicamente cun Here we Go, son 12 temas que tes a obligación de desfrutar. Un disco que te comerás de Volta e Volta, e máis Volta e Volta.

Señores, Señoras, teñan coidado coa sua agulla, e avisen os veciños porque a un tono normal este traballo non vai sonar, non está feito para remilgar a roda do son, non señor non.

Pódelos adquirir en versión dixital




Ou mercar tanto vinilo como CD en Flor y Nata

http://www.florynatarecords.com/tienda/brandnewsinclairs.htm

As súas letras

 http://www.florynatarecords.com/interpretes/brandnewsinclairs/brandnewsinclairs_letras.htm

E o seu Myspace

http://www.myspace.com/brandnewsinclairs

martes, 31 de mayo de 2011

sábado, 21 de mayo de 2011

Según Javier Becerra e a "escena mod" galega

Fue a finales de los ochenta en la TVG. Jose Ramón Gayoso hizo un programa especial sobre las tribus urbanas, concepto en pleno auge entonces. Una llamaba la atención por lo exótico, los mods. Todos eran de A Coruña: Nonito Pereira (el actual dueño de discos Noni?s), Max (uno de los mods más famosos de le época) y Pedro Granell y Dani Puntas (ambos de Los Eskizos). Bajo la música de The Jam hablaban frente a un grupo de rockers de su pasión por la música negra y los sesenta. Era la misma que defendía Brigton 64, el grupo que esta noche visitará la ciudad en su gira de reunión.

No pocos fueron los que aquel día entendieron de qué iban aquellas pintadas que lucían en el muro de enfrente a la Iglesia de los Capuchinos. Allí se podía leer Mods Are Back! (los mods están de vuelta). Era el particular modo que aquellos jóvenes habían encontrado para anunciar a la ciudad la recuperación de la subcultura juvenil que floreció en la Inglaterra de los años sesenta, la que que les había llegado a través del filme Quadrophenia y sus míticas peleas en Brighton con rockers. Más de uno desempolvará la parka esta noche.

«Se decía que no te podías acercar a los rockers de la estación de buses, que eran muy malos, pero nada más», recuerda Nonito Pereira, uno de los impulsores de las dos primeras concentraciones mods que tuvieron lugar en la ciudad (los Atlantic Meeting). En contra de la opinión general, que sitúa a Los Eskizos en el kilómetro cero, Pereira señala a un grupo llamado Linea Opuesta: «Hacían versiones de The Jam en los primeros ochenta».

Pedro Granell, cantante de Los Eskizos, recuerda que el número de mods en la ciudad era escaso, «aunque muy activo». Respecto a la estética, no quedaba más remedio que viajar o hacer encargos. «Íbamos mi hermano y yo a Londres y traíamos discos y ropa que aquí no existía. Yendo allí era el único modo de conseguirla. Luego la revendíamos a los otros», se ríe.

Llegados los noventa el pulso de esa generación se diluyó hacia nuevos territorios. Pero otros tomaron el relevo. Los Flechazos, estandarte nacional de lo mod, seguían llenando en cada una de sus visitas y en A Coruña se estaba incubando una nueva escena. Mientras la antigua tienda de complementos de Discos Portobello suministraba parkas y las sastrerías pantalones hipsters de cintura baja, en los locales de ensayo se germinaban bandas como The Riddlers o Los Nuestros.

En esa escena figuraban unos jovencísimos Xoel López (hoy en Deluxe), Nacho Mora (cantante de Meu), Patricia Keina (de la agencia Artica) y Marcos Collantes (dueño del sello Mushroom Pillow). Los cuatro formaron en 1994 The Covers, el grupo sobre el que giró el modernismo local de mediados de los noventa. «Éramos malísimos como instrumentistas, pero supongo que teníamos algo que atraía a la gente», reflexiona Collantes.

En esa época se recuperó la idea del Atlantic Meeting y se celebró una concentración mod con la presencia de los franceses The Bogeymen y varios pinchadiscos. Además, Collantes empezó a programar en el pub Oh! conciertos de bandas como The Kaisers, The Kliek o Los Imposibles: «Habría unos 20 o 30 mods, pero en esos conciertos se podían juntar 150 personas. A mí me atraía la creatividad que tenía el movimiento: ropa, movimiento, conciertos, los fanzines...». De esos fanzines de papel y fotocopias quedan en el recuerdo nombres como Shilouettes o Hong Kong Zine.

The Covers se disolvieron y de sus cenizas surgieron en 1997 The Elephant Band, el grupo que lideró la escena sesentera a nivel nacional hasta el año 2001. También remitían a los sesenta The Mistakens. Todo ello coincidió con la explosión del brit-pop en Inglaterra, que abrió el espectro de muchos mods que se abrazaron a bandas como Kula Shaker, alejándose paulatinamente del movimiento. «El brit-pop era vibrante y readaptaba las cuestiones estéticas», comenta Marcos Collantes, quien editó en su ello actual los primeros discos de Deluxe, ejemplo canónico de ese tránsito.

Veteranos en la brecha 

La llegada del nuevo siglo trajo consigo Internet y, con ello, la multiplicidad de opciones. «La escena mod-sixties se mantuvo con eventos puntuales y la actividad de algunos colectivos como Lex Luthor», comenta Sergio Antón, un veterano que aún sigue en la brecha con su club Pop-Think-In que organiza pinchadas periódicas.
Al contrario que en etapas anteriores no hay ningún grupo-emblema que funcione como catalizador. «Hay grupos que pueden tener conexiones con los sesenta, pero poco más», suscribe

http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2011/05/21/0003_201105H21C10995.htm

Kozmic Muffins- Nautilus (94)






E volvemos a Galicia, unha banda como Kozmic Muffins dende a A Coruña,  merecen estar nesta páxina.

Nace da man de Pedro Granell (ex  Los Skizos)  e se quixese falar do son que atopamos nel non podería.

Uns falan de claras influencias dos Pink Floyd, encuadran o seu son nun panorama musical e nunhas datas que non controlo para nada.


Pedro Granell.

Falan de psicodelias, de rock progresivo e eu o único que sei é que me gusta e punto. Quero que nesta entrada alguén que sepa de este son fale del. 

A data de nacemento desta banda sitúase sobre o 92 ,93  onde un Pedro Granell finiquitando a súa viaxe con Los Skizos se viu influenciado por King Crimson.

O resto da banda formada por Pablo Rega(amante dos Pink Floyd) ,Patxi , Kike e Javier chegaría despois de que Paco Granell decidise que o seu son tería que seguir outros camiños, non tan alonxados por son do que viña facendo con Los Skizos, pero sí tirando máis para un son máis progresivo.

Sería o propio creador da banda que fonse compoñendo os primeiros temas, nunha entrevista feita a el, onorgullecese de que o darse conta do que tiña entre as mans cos novos temas non necesitaría tirar de versións, así foron os seus primeiros concertos.


O editar Nautilus no 94 a banda non sabía o que lles viña enriba, este primer traballo convertiríase nun referente na escena musical dos 90 tanto dentro como fóra do estado.




Sen máis o disco, drisfrutade de temas como Andrew ou Kosmic Muffins, trallazos.



---------------------------------------------------
-----------------------------

--------------------------

------------------------------------------------------

miércoles, 11 de mayo de 2011

Dave Barker + Dandy Fever en Vigo


Copio e pego.
Desta volta, da man de Luva Negra Producións, estará entre nós, DAVE BARKER, mestre do toasting, reggae e rock steady, acompañado pola banda coruñesa DANDY FEVER.

Terceiro proxecto de Luva Negra Producións que previamente concertou a actuación de Roy Ellis AKA Mr. Symarip xunto aos Transilvanians na Sala Mondo de Vigo e despois tamén promoveu a actuación de Rubén López & The Diatones, na tamén viguesa Sala Iguana Clube.

O concerto... de DAVE BARKER xunto aos DANDY FEVER será na Sala El Infierno de Vigo o 16 de maio, previo ao día das letras galegas.

Abriránse as portas da sala ás 22:30h e o concerto comezará ás 23:00h (Puntual)


Haberá un previo do concerto con pinchos, cervexa e música no Bar Irmandinhos 13, ás 19:30h.

Haberá tamén unha pinchada despois do concerto na Sala A Farándula a cargo de Carlos (Original Crew - A Coruña), Wanchope (Pontevedra) e Irmán Néstor (Black Is Soul Clube - Vigo).
O prezo das entradas será de 12€ adiantada e 15€ na porta.

Entradas adiantadas:

Vigo:
Honky Tonk - Bar Princesa - Cervexería La Grieta - Bar Irmandinhos Trece - Tenda Tipo

Pontevedra:
Tenda carnaby

Compostela:
Bar Soul E Sombra

A Coruña:
Bar Soho

Ourense:
A Esmorga

Non deixedes que volo conten!!!!!

viernes, 6 de mayo de 2011

Midnight Shots






Non pensaba esquecerme dos Midnight Shots, non Oh!

O cuarteto valenciano chega os teus oidos, na túa casa, con este debut, da man da discográfica Jaguar.

Que teñen para ti reservado Paco Beneyto, Pep González, Nacho Durbán y Quique Gallo ?


A canción proposta, versión de Tommy Tucker en castelán 

Se co tema non te fixeches unha idea, amigo, a palabra, por grande e difícil de pronunciar que sexa pola boca dun mortal é R&B.
Acaban de asaltar o panorama musical, a formación valenciana propón no seu disco Debut 4 cortes cheos de ritmo, unha declaración de apaixonados do ritmo dos 50 e 60, que máis alá de corte estético, prefiren a primacía do seu son, un son que lles é prato de cada día.

O disco que se nos presenta contén as seguintes cancións 1.-Over The Wall, 2.-Ladies & Gentlemen,  3-Morena e 4.-Vestido Rojo. Se nos temos que por a desfigurar canción por canción para sacar unha conclusión, unha radiografía da banda sería que este disco comeza con forza moita forza, será Over The Wall a encargada de  abrir o apetito os pes, a única pega que saco deste traballo é a voz, inexpresiva para o meu gusto. Claro que todo se arranxa cunha guitarra que non desmerece. Sobretodo nos dous temas que teñen no seu Myspace, altamente recomendables.



Claro que para gustos, cada un o seu.

Musicalmente atopamos 4 trallazos cheos de ritmo, aínda moi tímidos,  pero que de seguir nesta progresión, a banda acabaría por consolidarse nun panorama, que nese ritmos e atopa bastante orfo. Dende aquí desexarlle bo concerto no SOS de Murcia, e unha longa vida.

Aquí tedes unha entrevista feita por Álex Magic Pop.


O seu Myspace.


http://www.myspace.com/midnightshots

Onde Comprar

http://www.montereydiscos.es/catalog/product_info.php?products_id=5155


The Midnightshots

---------------------------------------------
------------------------------
-------------------------------
---------------------------------------------------------

jueves, 5 de mayo de 2011

Novedades Carminha


Va , xa ía sendo hora de actualizar cos Novedades Carminha.
Que se pode dicir desta banda galega?

Pois home non son moi guapos, non tocan moi ben, pero para o que tocan tampouco o fan mal. 

Que si falamos das súas letras atopamos sorna, descaro, sen mala hostia para facer un punk sen abusar das quintas. 

Do nome nin falar, porque máximo respeto as tendas de roupa de tódalas aldeas galegas.
Atopamos palabrotas e declaracións de principios como Yo no Uso Condón, tema que podería ser un hino xeracional. Claro que, agora xa aliñados nun panorama musical galego(que non comparto nin me gusta) adquiren fama e son aclamados polas titis.  Dos temas que máis me gustan é o instrumenta No Te Vuelas Portar Mal, Échame Gel e algún máis.


Agora enserio, a banda galega xa vai polo seu tercer traballo (Jódete y Baila), coa sua forma de compoñer e tocar característica que non propia. Cun ritmo divertido, cunhas letras de escachar, teñen un directo aluciante e arrollador, son, seica me din, boa xente. Que eso no fondo é o importante.
Teñen a sana manía de sacar os seus traballos en vinilo, esto non sei se é por .dárselas de modernos ou por forma estilística de chegar os seus Fans. Cousa que fai máis asequible a hora de comprar o seu traballo.
Sexa como fora a banda está a facer do seu, tocar e tal, unha forma de vida, e un movemento arredor deles impresionante.
Quizás ata creando escola dentro dun panorama musical onde premian 4 grupos sempre, e o resto á mamala, Non vou falar dos paralelismos da banda cos Sineistro Total máis canallas, porque a canallesca desta banda é fóra de serie. Nótase que co que fan disfrutan  e dende aquí que sigan así..

Se vos gustan xa sabedes, comprar aquís.
http://novedadescarminha.bandcamp.com/


Aínda que vos podedes mover e ir comprar os seus discos a calquera tenda, que fixo que están.

Agora uns cortes da banda galega, disfrutádeos.


Novedades Carminha.



------------------------------------------
-------------------------
------------------------
----------------------------------------- 

21 de Maio Los Tiki Phatoms en Vigo e en Directo(chistazo)






Saca a camisa máis tiki que teñas, con eso de que chega o verán é bo momento para bailar co ritmo endiañadamente surf do cuarteto catalán.

Con motivo da súa  visita, aproveitan e presentan o seu tercer disco "Mueven  el Esqueleto"




Na Fábrica de Chocolate     o 21 de Maio.

WolRuS concerto presentación de Wooden Tapes.




Tras meses de trabajo en su pequeño estudio, Miguel Puig (The Virginals) y Graham Summer deciden dar un paso adelante y formar una banda que lleve al directo un puñado de buenas canciones en las que han trabajado conjuntamente. Joki (Steelwood, The Virginals,Woocake) y Ramón Saleta (Elephant Band, Meu, Woocake, Mistakens) se unen al proyecto sin dudarlo un instante y tras los primeros ensayos ven que tienen algo bueno entre manos. A la espera de grabar su primer album con la banda, su myspace muestra algunas demos que forman parte del futuro material de WolRuS. De Nashville a Liverpool pasando por San Francisco...

  Disfrutade de ese Beachwall que teñen colgado na súa páxina, os que podan que se arrimen pola Sala Garufa de Coruña , xa que tedes o o día Venres, 13 de Maio ás 23:00 unha cita ineludible con esta banda, que estará presentando o seu primer traballo Wooden Tapes.
  
Pasádevos polo seu Myspace.



 

Doctor Explosión novo disco. "Hablaban con Frases Hechas"


Xa está nas tendas o novo traballo dos asturianos Doctor Explosión, que vas atopar neste novo disco, pois máis do mesmo, sen moverse nin claudicar no seu son, volven a carga.


Pódelo mercar en

http://www.musikaze.com/es/musica/grupos/tienda.php?cod=234

miércoles, 4 de mayo de 2011

The Extended Plays, faite co seu novo 7´´



Editado polo selo Grit Records e gravado no seu local coa colaboracións estelares de Oliver Munilla á trompeta e Aratz Díez ó trombón de Akatz taldea, Arantza de Le Noise ó violín e Maite Arroitajauregi "Mursego" o chelo.

Eu fíxenme coa copia, e dende logo merecen moito a pena, un grandísimo single, en sí unha melodía pop, moi atractivo, cunha conxunción no tema Pleasant Memories que ten a virtude de envolverte. Entusiarmar, esta cara ten sen dúbida esa virtude, a de entusiasmarte.

Coa entrada de instrumentos a voz e o ritmo que fan desta cara A as delicias de calquer día. 

Gustoume moito e moito, sen dubida tampouco desmerecer a Cara B no tema 45 Collection.

 


Eu non perdería o tempo, faríame coa sua correspondente copia, fai o teu pedido a theextendedplays@gmail.com por 7 euros, dunha tira limitada de singles, date presa. Tamén o podes descargar en http://theextendedplays.bandcamp.com/album/45-collection.

sábado, 30 de abril de 2011

Brighto 64 na Coruña o 21 de Maio.



Estrella Galicia acércanos os Birghton 64 ata a Coruña, sala LeClub o 21 de Maio, eu na miña política de austeridade non podo sumarme a asistencia a ese concerto.

Son unha avoa.

miércoles, 27 de abril de 2011

Eu era un Punk.

Son xoven, era máis xoven.

If the kids are united then
we'll never be divided


Eu sonche moi novo, e dende un comezo as portas musicais para min abríronse co Punk que me podía botar ó corpo.

Xa cando formando, na miña tenra pubertade, parte dun desastroso conxunto de Oi!, nunca fora moi fan deses sons, decantándome máis que nada pola música xamaicana e o soul, o pouco pouco que coñecía daquelas cando aínda lle estaba sacando brillo a unhas marteens compradas de segunda man, caia algún recopilatorio de Northern Soul.

Algún Fred Perry que coidaba como ouro en pano,un peacock, unha parka unha talla máis grande ca min e non creades que se notaba pouco, era feliz, nunca fora de pantalóns con lexivia, nin de chalecos vaqueros, moito menos de levar os pantalóns por Cuntis. Non o camuflaxe, non as camisetas, e un sí as camisas de cadros.

E se eu estaba frustrado co mund, a música sonaba, miña nai se queixaba era por algúns conxuntos desa música de quintas repetidas, e punteos soseras que eran para min imprescindibles como os The Now, Menace, os sagrados The Clash, The Unwanted,  The Soft Boys, e claro logo todo o revival, necesitaba incluso, que este fose máis enérxico. E iso que moitas veces era na cama cando sonaban estos discos.

Necesitaba máis caña, os Jam, The Circles, The Killermeters ou os Squire non eran suficientes, necesitaba nesa idade quizás acabar de chinchar o vecindario,a todo o mundo ó redor, tocando o baixo a volumes altísimos coa introducción de Oi! Oi! Oi! dos Cockney Rejects. Ou o baixo feroz de Into The Eighties dos The Now.

Só era feliz cando en directo se versionaba o If The Kids Are United, concertos que se nos pagaba con barras libres os espectáculos lamentables pero moi moi divertidos.

Solía ser moi divertido menos cando nos pasamos coas birras en Portonovo e dimos un concerto para 9 personas super entregadas, que debía ser o meu irmán e 4 colegas...

O demáis era sempre a camadería cos do grupo,estar na casa sonando o Borstal Breakout a todo volume, o Running Riot de Cock Sparrer,algun tema dos destornilladores, daquel disco amarelo que non mentarei, pero que I Don´t Like you se solía repetir moito.

Era o tempo de escoitar os Decibelios, Cicatriz co seu Enemigo Público, tema que versionábamos de mala maneira. Algunha versión dos Kortatu. E outra birra.

Moito escoitar os Siniestro Total, para despois querer defenestrar a Germán Coppini... chegaría ata hoxe, que sigue caendo moito Siniestro, pero agora xa con The Movement, os The Bite, Concepción Glory Boys etc etc teño suficinte

Era xoven e sigo sendo,e estos sons volverán  a este blog.


David.






Era máis xoven... e non me arrepinto de nada.

martes, 26 de abril de 2011

Obligadisima Asistencia: Al Supersonic & The Teenagers en Santiago!!!


Con motivo do aniversario de A Reixa teñen a ben agasallarnos con un concerto dos que se recordará.

13 de Maio, Venres, Sala Capitol.

Tedes toda a información no cartace, ide ide...

jueves, 14 de abril de 2011

Allnight Workers petisco de R&B e Swing.



Só escoita, unha vez e verás que lle pasa os teus pes.

Quen dixo que en Galicia non se fai un musicón? se xuntamos dunhas rías a outras, mezclalas con moito son negro o que che sairá é un conxunto como os Allnight Workers.

Neste grupo podes atopar músicos que proveñen de bandas como The Loveless Cousins, The Phantom Keys, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Ttrashtornados... 

A banda formado nun 90% e un 10% por músicos galegos aparecen no panorama cun LP cargado de auténtico gusto pra toda a familia.

A banda dende un comezo(formada por Néstor e Roi que andaban xa  a argallar  nas súas cousas) non se constituiría nos ritmos negros, os artífices , tendo en consideración os antecedentes e o son de éstos,  farían de Néstor (vocalista) e Roi (como guitarrrista) emprender  un proxecto encarado cara o r&b máis  branco... pero que pasou? unha reviravolta e unha mezcla de color lle deron o impulso necesario para que a banda decidise deixarse de caralladas, e lles dese por tinguir o son.

Os saltos estilísticos andan entre o Swing, o r&b, moi afastado dese son máis "guarrete e simple" como un dos membros indica.

Será quizás un saxo o que corone a banda, ou quizás sexan as súas guitarras. Ou a incrible voz a que configure o ritmo que necesitaba a banda. 

Dito conxunto para atopar o seu son decide ir a grabar este traballo a Berlín, nin máis nin menos que a Estudios Lightning Recorders. 

No seu debut atopamos versións como Night Time is the Right Time, Coal Miner, Hello  Josephine... As criticas a banda non se fixeron esperar e como non o eco desta foi moi apreciada tanto polos amantes do r&b con flequillo como os que levan tupé, sexa como fora, non deixan a ninguén co cu quedo na cadeira, non señor non.

Se tivese que expresar o que penso da banda é que este traballo merece moitas escoitas, para sacar del ese detalle da guitarra, o saxo que se expresa libremente por tras das cordas. Moi maduro, un traballo con un son moi maduro e moi moi recomendable, non tiven dúbida a hora de poñerlle a todos os meus amigos o Lefty Brown, tema que corona o disco sen dubidalo, pero sen desmerecer outros temas como  Swing Brother, o Coal Miner antes mencionado.

Eu ca ti aforraría e faríame coa súa correspondiente copia en 


http://www.grabacionesdeimpacto.com/

Ou ben escoitalos no Spotify


Eu, entrementras póñovos o disco, o cal non subín, de atopar algunha queixa a esto, facédemo saber o meu correo hammond_lover@hotmail.es e perdoade as molestias


The Allnight Workers - This Only Happens Once
------------------------------------------
------------------------------
-------------------------------
----------------------------------------------

miércoles, 13 de abril de 2011

VVAA - Pentecostes Vibrations. E unha oda a resurección.





Non chegou a santa semana eu eu xa renacín con máis forzas.

Moitas gracias polas vosas palabras. Moitas gracias, e tíñades razón.

---------------------------------------------

foto extraida do blog 18 rodas

Pois como entramos nunha época do ano mística que mellor que este disco.

Unha tarde calquera por Vigo, nunha tenda de discos, na cal soio ser un habitual, sí, Honky Tonk, un compañeiro de andanzas, un pucelano tivo a ben recalcar certo disco, o cal cun fio, atado por un cuño, non pode garda o que dentro del hai.



De que vai este disco?

Seica é unha recopilación de música cristiana feita nos 60-70 nese voso país. Cuns sons moi peculiares, entre a psicodelia e o garaxe, pero neste disco hai de todo.

Hai temas curiosos, e anécdotas moito máis como certo ex ministro de xustiza membro dalgún dos grupos que se inclúen neste disco.


Si, Mariano Bermejo ( Baixista) membro dos Cirros extendendo a sagrada palabra a ritmos máis pop e psicodélicos.



Quizás este sexa un dos temas que máis me guste, se me tivese que quedar con algúns dos temas deste disco, Hay Muchos como Yo de los Cirros, What Have you Seen de Los Amis,  e Te Amo, Mi Hermano de Shalom

Detras de este recopilatorio atópanse os creadores de Andergound Vibrations.  Disfrutádeo.


---------------------------------------------------
------------------------------
---------------------------------
-----------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.