lunes, 28 de junio de 2010

Momentos Musicais: Servicios a Domicilio.

Quizás a letra desta canción sexa a cousa máis bizarra que vin nunca en letras.



¡Universalízala!

Quizais sexa o perfecto himno de turismo xamais inventado.

lunes, 21 de junio de 2010

The FileTones, 1º entrevista




Un son, claramente influenciado polo funk, co soul  rozando cos dedos un tímido r&b, e unha banda, o dúo malagueño fai honra  o topónimo  Costa del Soul .
The FileTones ou  “Los Filetones” en español, fórmanse no ano 2004 da man de Pepe “The Chef” Mata, e por Salva “ Doc” Molero.
Ademais do dúo, a banda que os acompaña actualmente nos seus directos está formada por Borja González (Hammond, Rhodes, Piano...), Claudio Tamer (Bateria), Miguel Olmedo (Guitarra solista), Juan Pedro Berrocal (Saxo Tenor) y Angel Martin  (Trompeta)
É en abril de 2010   cando o seu primer disco “Just Being Around” ve a luz nunha presentación no Teatro Echegaray de Málaga  proclamándose o cheo total.

 

No seu primer traballo os ritmos xa descritos toman forma, os instrumentos entran e saen dependendo del tema, e dunha forma suave e agradable os malagueños consiguen  temas cunha base de soul tan bos como Blondie Girl ou Eden ,  para chegar a Just Being Around donde o ritmo se trasforma en melodías máis funkys e toma protagonismo unha poderosa flauta.
 Polo xeral  o seu debut busca ese tono sesentero, pero á vez mezclado con sons posteriores. E que son moi do meu agrado.
O disco foi grabado en Granada por Pablo Sánchez (Producciones Peligrosas) e para o selo Wok Records. Un detalle é que foi  no mesmo estudio que ha viu fugazmente os enormes Al Supersonic & The Teenagers. De cando o cantante se lle deu por buscar a unha rapaza nas súas cancións 

Algunas das preguntas que lles fixen o dúo Malagueño.
Que significa  o nome do grupo? Entraña algún secreto culinario ou é algo que levaredes a tumba?
Pepe “Chef”: A un asador tal vez (Risas), o bo do nome é que todos coñecemos máis dun significado do mesmo, ademáis tamén se pode pronunciar en inglés significando algo así como o arquivo de tonos…
-----------------------------
Ata agora  compartístedes escenario con moitas bandas, pero… Con cal vós gustaría compartir cartel?¿E con cal vos gustaría grabar?

Ambos: Os Dap-Kings!!!! E (míranse  un ó outro) gravar con Stevie Wonder que é Deus…. (Risas)

- ---------------------------
Cómo fóstedes acollidos polo  público?  Vedes unha resposta afirmativa del nos concertos? Ou dase o caso do público asustadizo a 3 metros do escenario?

Salva “Doc”: Sempre custa arrincar a xente pero no noso caso contamos coa baza de que as rapazas gústalles bailar, e os rapaces que elas bailen (Risas), e claro os nosos temas van encamiñados a maioría de eles a tal fin, así que non solemos ter problemas… (Más risas)

Para descarga a entrevista clickar en la imagen, incluye el documento su tema Eden, varias fotos y la entrevista tanto en castellano como gallego.
-----------------------------------------------------------------
-----------------------------------------
---------------------------------------
----------------------------------------------------------------


miércoles, 16 de junio de 2010

LOS CHICOS DE LOS DISCOS.

Dende Barcelona chega este documental sobre o coleccionismo de discos, pero vai a moito máis, unha auténtica cruzada dos coleccionistas, e da xente que compra para escoitar sen afán de recopilar e recopilar, enamorados dun formato, e dun son.


Los Chicos de los Discos from Victor Parkas on Vimeo.

Moi acertado sobre todo a intro, gústame moito, xa que me vexo reflexado, cantas veces co prezo abusivo de un disco acabei mercando singles por 3 euros. Por comprar algo. Non sei aforrar.

lunes, 14 de junio de 2010

MEU - Did you Hear?


Supoño que máis de un xa coñece a banda da Coruña chamada MEU, se non é así este é a túa actualización.

Se lle botas imaxinación recordarás nun recopilatorio de Moderno pero Español ou de Somos Los Mods un tema que sonaba máis ou menos así.


O grupo formado por membros da Elephant Band como pode ser Nacho Mora como cantante, desta vez deixou o baixo a outro, e Ramón Saleta a batería en ámbalas duas formacións. Ricardo Saavedra tamén compartiu escenario cun factor común cos outros dous membros. E para rematar Mikelini,baixo dos Ultracuerpos(COJONUDISISISMOS)

Que dicir de MEU, sonan realmente ben, tódalas súas cancións teñen un algo, comezar coa canción Hungry Eyes é xa unha auténtica descarga de pop, a cal gustame moito xa só nos primeiros acordes , todos os temas din que o disco será para deglutir, pasas e pasas as cancións e chegar a temas como Heatless con esa guitarra é dicir ¡vámonos!.

O segundo disco da banda coruñesa é moito máis Pop que o seu debut What´s Up, no cal se incluen máis arreglos, máis intrumentos e sen dúbida moito máis depurado co anterior. E temas como Make It Worst son pura delicia.

Pero eu non vou sacar comparacións con outras bandas, non vou dicir que certo arreglo se parece a non sei qué, porque me parece unha chorrada, o son da banda é de por sí seu.  O que atopes ti neste disco éche o importante.

Como é unha banda que está todavía rodando, só propoño os 4 temas que máis me gustan do disco. Como aperitivo, porque os 12 trallazos que ten este disco son ... impresionantes.

Meu- A miña selección
1.-Hungry Eyes 2.-Make ir Worst 3.- By The Pound 4.-Fear
------------------------------------------------
--------------------------------------------
-------------------------------------------
-----------------------------------------------

lunes, 7 de junio de 2010

Momentos Musicais



Aproveito para pedir a todo aquel que teña algo dos Smart Dress, fotos temas, algunha reseña mo envie caritativamente o meu correo.

domingo, 6 de junio de 2010

Unha de lecturas.

Como naceu a Asociación Modernista Galega, un documento moi curioso que viña insertado dentro do Fanzine The Corporation (Coruña), e que Mille tivo a amabilidade de escanear e pasarmo. Agora tócame compartilo.


 Pinchade na imaxe para velo máis grande.

miércoles, 2 de junio de 2010

La Ruta - Paff... Boom (1996)

Mala calidade a tope.

Esta banda quizás guste máis á chavalada. La Ruta nace en Mieres, se non me equivoco. Alá polo ano 1991. A súa formación inicial dista moito da que se presenta en Paff Boom, onde pasan de ser 4 a ser un trio.

Quedándose o trio composto por Roberto Fernández ó baixo e coros, Pibli á batería e coros e Iván González a guitarre e voz. Sería nos seus comezos cando tiñan a Marcos Ríos tocándolle o Hammond e dándolle o grupo outro rollo máis Sixties.


A evolución é clara, pasaron dun son máis propio de bandas como Zombies a un rollo máis Power Pop. Ata ahí todos dacordo, non?


No ano 1993 gravaría a súa primeira maqueta con Animal records, e tempo despois Marcos diría adiós amigos adiós. Quedandose orfo de ese son, no 95 ou 96 gravarían Paff... Boom o seu primer LP. e Algúns síngueles. E Iván diría adiós amigos, adiós.

E no 99 a banda tivo un percance serio, deixando de lado a música durante un tempoo largo e continuado.

A verdade é que a banda sona realmente ben, un dos meus temas preferidos é I Won´t Be Sad Tomorrow. Un auténtico temazo. 
Certo que a guitarra as veces achégase moito o Punk, pero vamos, máis powerpoperos que outra cousa, nunha entrevista din con certo regusto amargo como insinuando que lles gustaría ter seguido por un rollo máis sixtie, onde non fose a guitarra quen levase todo o peso. Pero que vamos, non se arrepinten de nada.

La Ruta - Paff... Boom (1996)
1.-the first time  we saw2.- another dangerous day, 3.- no hay lugar para ti, 4.- you came to me,5.- No pierdas el tiempo,6.-I want tour back7.- Mi obsesión,8.-Lonely time, 9.- I´ve been wrong10.- Una Vez11.- She Used to love me12.- Sewer Queen13.-What can i do14.- Don´t Mind.


---------------------------------------------------------------------
----------------------------------------------
--------------------------------------
----------------------------------------------------------

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.