martes, 27 de abril de 2010

The Riffbackers - The Sometines




Fausto Martín e  Nacho García son os culpables de que eu, desencantado dunha maneira bastante amplia do PP ,(véxase estilo musical e non outras siglas peligrosas), retome este. Pero olvidádevos de concecións a el, e sigo mantendo a miña opinión.

O título inxenioso, conxunción de Riff + Rickenbacker outra ecuación complicadísima como a anterior citada no blog.

A traxectoria... algún grupo nomeado neste espazo como Púlsar ou Cooper.


Aquí os culpables.

Din os entendidos que nos ritmos que podes atopar neste EP van  dende  The Knack, The Who ou The Byrds. E unha das bandas polas que sinten afinidade son os madrileños Fortune Tellers. E outros xa foráneos como Nick Lowe, The Pretenders, ou mesmo The Beatles.


The Riffbackers - Sometines

A banda nace en 2007 en Madrid, e según eles mismos din de si, a banda nun primer momento buscou ese son para gravar o que sería o seu primer disco "The Curtain Shop And Alterations", o cal viu a luz, se non me equivoco en Outubro de 2009. O seu disco paréceme increible, cunha forma, e cuns temazos, impresionate. Sen dúbida a descarga musical no directo ten que ser intensa.

Seica... só seica, en breves andará polos Madriles tocando cos Len Price 3... sen dúbida eu iría. Pero paso.

The Riffbackers- The Sometines

1.- The Sometimes, 2.- Do it Again,3.- Rainbow Lane,4.- Under your Spell.

-------------------------------------------------------
------------------------------------
--------------------------------------
------------------------------------------------------

miércoles, 21 de abril de 2010

Skatalà - Un de Nou 1994-95



¡Madre de dios! cando comecei a rapar a cabeza, con 16-17 anos proviña dun grupo de Oi! algo costra, pero moi divertido, pasábamolas horas mortas tocando cousas sen sentido, a día de hoxe quizás avergoñe algo, pero daquelas era algo intenso, entre os concertos e as birras foron uns anos molóns.



Claro que eu nunca simpaticei moito cos ritmos do streetpunk, daquelas escoitaba moito os Skatalites, a etapa máis molona de Aitken, ritmos two tone e en xeral moita música xamaicana.Ata que un día cae nas miñas mans un tema, Oh! Vell Barrabàs, e díxenme ummm e este grupo? Entón comezou unha carreira por atopar máis de eles.
Cal foi a miña sorpresa que esa canción sería algo disonante co resto dos temas do disco.


E este foi o meu contacto coa banda Skatalà, unha banda que quizás me abrise moito máis a mente. Acordeime da banda lendo unha entrevista a Quique. Moi grande por outra parte.



O proxecto Skatalà nace no ano 85, eu aínda ía a cabalo dun testículo do meu pai ó outro, nace das mans duns señores con ganas de expoñer os ritmos xamaicanos e o Oi! o seu nome como eles din, nace dunha das máis complexas fórmulas matemáticas que eu coñeza Ska+ Català = Skatalà et Voilá.

No 87 grabarían a súa primeira Maqueta Fent D´qui. Vería a súa forma circular nun formato vinílico no 91, claro que da man do selo Sock It Records, un selo da man do Skazine FBI... non ai que irse moi lonxe para saber que o Fanzine FBI estaba en mans da xente de Skatalá.

No 93 a banda ofreceríanos o Borinot Borinot, diferenciase do restos dos seus discos por que o ritmo tira cada vez máis a un ska máis orientado o Swing  e con maior relieve nos ventos.

 

Skatalà - Un de Nou
1.-Piao Bugia 2.- blind man 3.- dibuix d´una nova era 4.- el pistoletes de l'Escala 5.- emboligats 6.-
  War in Dung7.- el capità swing  8.-el secret del bicorn9.- Minigot 10.-Ara no és temps 11.- hied a pest



----------------------------------------------------
-----------------------------------
-------------------------------------
----------------------------------------------------

lunes, 19 de abril de 2010

Los Buhos - Here comes The Weekend


Estou moi acatarrado, e aquí forzando unha actualización.
Xa facía tempo que non actualizaba, perdinme o Tiepin, e mesmo a festa en Santiago, pero polo menos serviu para que me acercase as tendas de discos que solo rexentar e atoparme co disco de Lost Men Service, a banda barcelonesa deixoume bastante en bragas, con esos ritmos moi próximos os Flaming Groovies e o lado máis canalla do Power Pop. Cando poda lle adeicarei unha entrada.

Agora de novo los Buhos, teño que acalarar que este traballo quedoume un pouco mal gravado, non sei que lle pasa... pero non consigo que se escoite ben, e moito menos teño paciencia  para escanear a portada do disco.


Pero aquí estou de novo. E nada, este disco máis do mesmo nesta banda. Que o disfrutedes. E coidade os catarros.

Los Buhos - Here Comes The Weekend
 1.- Here comes the weekend, 2.- Ya no puedo más, 3.- The Owl, 4.- Send me a Postcard.

------------------------------------------------------
---------------------------------------
-----------------------------------------
-----------------------------------------------------------

lunes, 12 de abril de 2010

jueves, 8 de abril de 2010

The Supid Baboons - Paper dolls in full color (1997)



Antes de comezar co panexírico, darlle a todos as gracias, un ano de entradas é complicado, tamén foi un ano de moito aprender.
--------------------------------

De The Stupid Baboons non vou dicir nada novo, con David Lorenzo á cabeza do grupo esta banda consolídase como un dos mellores expoñentes do son sesenteiro, din as moi boas linguas e moi fiables que foi unha banda que tildaron de plásticos e a cal deron a espalda moi rapidamente, pois unha mágoa, sinceramente ten moi boas cancións, tamén din que en concerto foron brutales, a súa militancia en Animal é presaxio como moitas outras bandas dun contundente concerto, dun son forte e brutal.

 Nas súas pasións atópanse grupos como The Kinks, os cales homeaxean a súa maneira coa versión de Situation Vacant, os Byrds, e claro os Hollies, de aí lles ben a súa rama máis pastelosiña. Tamén entremezclando a psicodelia cos seus temas, e sendo o teclado o portador de ese ritmo.




The Stupid Baboons- Paper Dolls in  Full Color
1.-Stop & Listen, 2.- Jet City Girls, 3.- You Hurt me Bad, 4.- West Park, 5.- Sing out a Tune,6.-  Come Back, 7.- Friday Morning, 8.- Mayonnaise in my Sandwich, 9.- Send me True Love, 10.- Tea and Apple Tie, 11.- You are so Special, 12.- Lullaby for the hard times, 13.- Starry Nights, 14.- Barefooting



-----------------------------------------------
--------------------------------
--------------------------------------------
---------------------------------

viernes, 2 de abril de 2010

Un ano.



Hoy hace un año, este humilde blog  hace exactamente un año.

Cuando comencé en todo esto( con los Soberanos) nunca pensé que se me iría tanto de las manos, comenzó como un sitio donde compartiría con mis amigos esos grupos, sonidos que para ellos resultaban raros, extraños. Además de amigos, con mi querida mujer.

Al final todos los viciosos del ritmo aprovecharían para descargarse este y otro disco. Dar a conocer y publicidad. Linkarme desde otros foros y demás. Al igual que a mi me ha servido para conocer a gente. Al final he hecho amigos con ésto.




Cierto que este blog falla, falla en etiquetas, o en comentarios, quizás sea por la inexperiencia, falta la crítica, el ataque y la provocación propia de un Fanzine, falta una reseña clara, no tan sesgada y sosa, producto en parte, por mi corta edad. No han pasado los años, faltan las aventuras, viajes frenéticos, más rebeldía al texto y a los actos.

También han llovido las críticas, pero eso prefiero guardármelo para mi, porque el bochorno que me han hecho sentir ... ya ha sido suficiente.  Y no lo dudes, me lo paso muy bien:

-Y no, yo no soy un Mod. Soy David Lamas, gracias por subirme las visitas, a todos aquellos que odiais ésto como los que no. Gracias.

Para finalizar, ahora mi única meta es dar a conocer esos 80-90 a la gente de mi edad. Seguir anunciando los conciertos en Galicia, potenciar las fiestas, eventos, pinchadas y conciertos. Dar a conocer a quien quiera nuestra forma de ver la vida.

¡Acercaros a una parafernalia del demonio!

The Homens- Cuarta Potencia (2010)

Son 4, son de Compostela, teñen camisetas de raias e un discazo.



Volvo a repetir o dito, teño resaca.


Disco producido por Santi García (Nueva Vulcano, Charades, The Unfinished Sympathy...) como di no seu myspace. E editado polo selo santiagués Lixo Urbano, selo que comparten con Samesugas e os Novidades Carminha, grupos que recomendo.

Cuarta potencia, debe ser porque agora son 4 no grupo rompendo o triángulo máximo dos compoñentes dun grupo de Power Pop. Incluindo un órgano e algún efecto que sen dúbida lle da o seu atractivo.

Debe ser por que tamén é o seu 4 traballo, afeito a escoitar e reescoitar os anteriores discos un pouco de novidade ía sendo necesaria, e chegan, e chegan no 2010 cun disco que dende o meu humilde punto de vista de bloggeiro recolle como non os mesmos sons os que me tiñan afeito sen defraudarme.









Dende un baixo  que sen dúbida atronará nos concertos cun ritmo asolador e co son da Rickenbacker, ese son o que só esa guitarra posúe e quen sabe tocala exprime e exprime.

Atopas neste disco o son do Punk Americano e as melodías máis pop se poden facer en Galicia. Os temas que eu recomendo deste disco son Tigre,Tigre, Costra BravaA Liña Verde e Nada está tan alto. A súa gracia redide en cultivar estos ritmos e por cultivalos en galego. Quizáis me roubasen o corazón, sobre todo o disco 3 ,cal recomendo e tedes a descarga neste blog, certo que me rouban o corazón e máis por usar o idioma nai, e ademáis por outorgar o disco na descarga directa dende a súa páxina.


The Homens - 4 Potencia

1.- Perfecto, 2.- Tigre Tigre, 3.- Crocanti, 4.- A liña Verde, 5.- Fanny Mae, 6.- Rei Azul, 7.- A la Guillotine, 8.- Hamster, 9- Costa Brava, 10.- Nada está tan alto, 11.- Alba Nuclear, 12.- Non é o final, é o principio


 

 -------------------------------
----------------------
--------------------
-------------------------------

ULTIMA NOVA DENDE FONORAMA

Este domingo 4 de Abril sonarán y serán entrevistados en fonorama a partir de las 9 de la noche:

Non vos perdades a entrevista.

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.