miércoles, 2 de octubre de 2013

Chu-Rucka Rock!! Festival Outubro 2013



Sorprende o cartel deste festival que se celebra en Vigo, este mes, eeeste mes, e que sen máis son tres días  entre que o día 10 de Outubro preséntase o festival con The Atom Age grupo de Titty bastante asalvaxado con un grupo de aquí,  Las Alimañas e o que queda na fin de semana...

A cousa empeza realmente ben, pero o do venres 11 é apoteósico, The Limboos e Wau y los Arrrghs!!! xunto con The Murrays. E o sábado 12 Thee Blind Crows e Help Me Devil.

 Unha aposta segura polo rock´n´roll dende a macarrada pura de Juanito Wau e os seus secuaces ata o fino facer de Help me Devil.

martes, 1 de octubre de 2013

Time For Action 2013


Con este cartel se presenta o Time for Action 2013, celebrado en Madrid o 22 e 23 de novembro, con 4 bandas e moita xente aos pratos.

Por un lado Los Disparos e The Moment e por outro Arte Pop e Secret Affair, bandas e selectores preparados para erguer o puño!



Toda a info de selectores e bandas facendo clic aquí

sábado, 28 de septiembre de 2013

Los Glosters- Gritos


Novidades dende Tarraco xa que volveron Los Glosters, eles son unha das pedras onde sosteño que certos sonidos ou certos grupos non poden empregar o prefixo "neo" cando falamos do pop.

 Gritos, ademais de darlle nome ao disco, é unha das 5 cancións  xunto con Vestida de NegroClub Ye-Ye, Chicas ou Te Quiero que lle dan forma ao disco.

Para a súa elaboración participaron artistas de grupos como The Pepper Pots ou guitarras como Chus Cano ou Juan Zarppa. Nel atopamos algo que ata agora non escoitáramos por parte dos de Tarraco, novos sons, novos amaños de guitarra, pero sen dubidalo seguen a ser eles, pero mellorando a parte instrumental.

miércoles, 25 de septiembre de 2013

Los Huéspedes Felices- Las Cosas que No Vemos (2013)



Non será ata outubro cando vexamos por fin saír o novo de Los Huéspedes Felices. Renovan unha vez máis o seu compromiso con Clifford Records, por graza, os queridos inquilinos ledos deixáronos un adianto no seu bandcamp.

A verdade é que agardamos a que empezase a chover para publicar este post, agardamos que atopárades a necesidade de botar man do paraugas co tema de adianto Llueve




lunes, 26 de agosto de 2013

The Twin-Sets din adeus



Unha das bandas galegas das que podíamos disfrutar, unha gran banda de pop que prometía, di adeus, pero non de calquera maneira, senón que nos regala dous concertos para que todos podamos despedirnos deles.

No 2011 a banda sorpréndenos con Take your Rest, cando vimos a súa carátula sorprendímonos, cando escoitamos o de dentro namorámonos,era un EP con temas como What I want, Never Comes ou Take your Rest . En 2013 lánzanse con outro EP titulado Romance con cancións que recordaremos como Start Again ou Little Star ,polo que nos deixaron material para recordalos dende casa con cariño.



 Neste tempo tivemos a oportunidade de entrevistalos para Pista Oculta,  tivemos tempo de desfrutar dos seus concertos, bolos que os levaron a cruzar fronteiras, chegando a tocar en Inglaterra. Incluso tiven a oportunidade de coñecer a algún dos seus membros, esas saídas nocturnas pola Coruña fan dano.



Por todo, por vós, queremos recordavos que tedes unha cita con The Twin-Sets e Bang 74 na Fábrica de Chocolate (Vigo) o día 31 de agosto e o día 5 de septembro en Ferrol, na sala SuperOcho

Grazas Denís, Borja, Nacho e Pablo Pita


viernes, 2 de agosto de 2013

PennyCocks

¿Y qué etiqueta usamos con Penny Cocks?  ¿Cómo analizas un disco así? ¿Habéis escuchado su nuevo trabajo? Nosotros sí  y nos ha encantado.


Artigo incluido na revista de xullo de La Voz en Color: 



------------------


Pero, ¿qué decir de la banda? Pues que el pelo, al igual que el bajo de sus pantalones, es demasiado corto para ser mod revival, demasiado punks y muy alejados de poses y provocaciones para formar parte de cualquier circuito indie relacionado a este estilo,  y demasiado power pop en sus ritmos para ser skinheads. Pese a todo, si eres el revivalero más importante de tu barrio, un pelado cualquiera, un maldito adorador de ritmos del 77 que solo se dejó caer por su  bandcamp, se hizo con un disco, pasó por uno de sus conciertos y  de refilón escuchó un tema suyo, de inmediato  caerás en lo mismo: a  todos nos invade el sentimiento de levantar el puño con el nuevo EP Devils, Kids & Gypsies de la banda catalana y exclamar “¡Qué maravilla, joder!”.


No estamos ante un producto original, no son pioneros del estilo pero sí en su ejecución, si de algo ha tenido culpa el Mediterráneo es de darnos una escena rica en sonidos revivaleros, un punk enérgico de saltitos en tu cuarto, de agarrarte fuerte a tu compañero en un concierto intentando que tu mano destaque entre las del resto.

Benvido

Benvido o meu mundo, nin estandartes me acompañan, nin escarapelas e poses, só música,eventos e cousas de interés. O meu interés. É un Blog, polo que poño as miñas opinións sempre. Tento cargalos cedés a internet pero moitas veces búscoos, e este Blog ten un mero afán recopilatorio de todas esas bandas que amin me gustan e escoito. Por eso non quero quitarlle mérito as páxinas de onde as saco. Nin me fago eu o heroe.